El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player



Aviso Legal || Privacidad
 
Esta páxina web tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de comunicación - Dirección Xeral de Comunicación Adiovisual



O día 10 de Abril de 2012 fomos ao Centro Comercial Pontiñas de Lalín a ver o filme Engurras. Data de publicación: 15/05/2012.

O Venres día 4 de Maio celebrouse a primeira das catro xornadas de atención socio sanitaria programadas por parte da Residencia Nosa Señora das Dores para o mes de maio á que asistiron 40 participantes.Data de publicación: 07/05/2012.

Dende a Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín (APALC) se ven promovendo a formación, en liña cos fins que se reflicten nos seus estatutos, principalmente no ámbito dos maiores, en distintas modalidades e dirixida tanto a profesionais en activo do sector como a coidadores informais e familiares, o que lles permitiu aumentar e adecuar os seus coñecementos e habilidades.Data de publicación: 12/03/2012

Os nosos maiores animáronse no día de onte a coller os bártulos e porse diante dos fogóns, delantal en man, para elaborar distintas sobremesas para degustar o vindeiro domingo Feira do Cocido. Data de publicación: 10/02/2012.

O día 05 de Xaneiro do presente ano como vén sendo tradición as súas maxestades os Reis Magos de Oriente fixeron unha parada antes de comezar a tradicional cabalgata polas rúas de Lalín. Data de publicación: 09/01/2012.

Os nenos que participaron no campamento de Nadal organizado polo Concello de Lalín visitaron aos nosos maiores para realizar distintas actividades os días 3 e 5 de Xaneiro de 2012. Data de publicación: 9 de Xaneiro de 2012.

A noite anterior a fin de ano o grupo de gaitas Os Trasnos de Lalín amenizaron a cea dos nosos residentes con cancións típicas galegas. Data de publicación: 02 de Xaneiro de 2012.

A tarde do 23 de Decembro adiantándonos ao Nadal os maiores puideron cantar liña e bingo na Residencia Nosa Señora Dás Doures ao compás das panxoliñas. Data de publicación: 26/12/2011.

O xoves 22 de Decembro de 2011, tivemos o pracer de contar con alumnas da escola de baile “Máis que Danza” que amenizaron a tarde cos seus bailes e cancións. Data de publicación: 26/12/2011.

Celebrando o próximo nacemento do neno Xesús celebrouse na capela da nosa residencia a misa de Noiteboa celebrada polo noso párroco José Penido. Data de publicación: 26/01/2012.

O domingo 18 de decembro presentouse, na Residencia, a obra de teatro “Labrego”. Data de publicación: 19/12/2011

A biblioteca municipal Varela Jacome de Lalín convocou, o mércores 14 de decembro ás 13:00 horas, ao escritor crueceño Neira Vilas. Data de publicación: 19/12/2011

O venres 16 de decembro celebramos, na Residencia, o encontro anual cos familiares dos nosos maiores, a denominada Festa da Familia.Data de publicación: 19/12/2011

O día 24/11/2011 coincidindo coa celebración relixiosa o aniversario da nai fundadora da orde das relixiosas terciarias do rabaño de María, á que pertencen as relixiosas que prestan os seus servizos no centro, levo a cabo un acto de despedida dunha das relixiosas. Data de publicación: 28/11/2011.

O día 11/11/2011 levo a cabo un simulacro de evacuación na residencia Nosa Señora dás Doures coa colaboración dos Bombeiros de Silleda e Protección Civil de Lalín. Data de publicación: 18/11/2011

O día 26 de Outubro de 2011 celebrar o Magosto no noso centro onde os protagonistas foron as castañas asadas, o baile e os contos. Data de publicación: 17/11/2011.

O día 25 de Outubro de 2011 levouse a cabo a inauguración dun novo ascensor que permite o acceso desde o exterior ao centro de día, grazas á colaboración da Obra Social A Caixa. Data de publicación: 27/10/2011.

Os días 23, 24,25, 26 e 27 de Setembro celebráronse as festas patronais en Lalín onde foron protagonistas as charangas nos distintos dias. Unha das súas paradas foi a Residencia Nosa Señora Dás Dores que animaron aos residentes. Data de publicación: 28/09/2011.

Trascurrido un ano dende o falecemento de Tuno Valdés, membro fundador do padroado da Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca, leva a cabo unha homenaxe á súa figura. Data de publicación: 28/09/2011.

Os residentes dá Asociación para a Protección dúas Anciáns de Lalín e a súa Comarca (APALC) acudiron ao último día de festa de Montserrat celebradas o día 10, 11 e 12 na parroquia lalinense de Donramiro. Data de publicación: 15/09/2011.

Os residentes da Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca (APALC) recibiron a visita de alumn@s de diferentes colexios de Maristas de toda España nunha parada durante a ruta cara a Santiago de Compostela. Data de publicación: 01/08/2011

Os residentes da Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca (APALC) visitaron o día 15 de Xullo de 2011 o novo Consistorio de Lalín denominado o “Castro Tecnolóxico” de creación vangardista. Data de publicación: 18/07/2011.

Os residentes da Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca (APALC) reciben a visita dos nenos participantes dun campamento de verán. Data de publicación: 15/07/2011

Celébrase na igrexa situada dentro das instalacións da Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca a tradicional liturxia de Corpus Christi. Data de publicación: 30/06/2011.

Toda Galicia arde neste día de norte a sur e de este a oeste xa que se levantan cacharelas en cada parroquia, en cada barrio e por suposto na nosa casa: a Residencia Nosa Señora das Dores. Data de publicación:23/06/2011

A Asociación para a Protección dos Anciáns e a súa Comarca (APALC), titular da residencia Nosa Señora das Dores, e Caja Madrid, por medio das súa obra social , acaban de firmar un convenio de colaboración que reportará 6.000 euros o xeriátrico local. Data de publicación:06/07/2011

A Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca (APALC) obtivo a certificación do sistema de xestión da calidade segundo a norma ISO 9001:2008 para o servizo residencia para maiores o día 18 de Maio de 2011 por parte de Bureau Veritas Certification. Data de publicación:23/05/2011

A TVG estivo no día de hoxe na nosa casa para gravar o programa "A Solaina". O tema de hoxe era o CUCO. Data de publicación:25/04/2011

Chega o bo tempo e con el as sáidas fóra do centro que tanto ansiamos. Esta vez tocoulle ao MUSEO CASA DO PATRÓN de Doade. Data de publicación: 17/03/2011

Un ano máis, a deputación de Pontevedra a través do seu Programa: Ti Tamén contas, ofreceunos a posibilidade de realizar un curso. O elexido foi o curso de informática: "Pérdelle medo á computadora" Data de publicación: 21/03/2011

Despois dunha saída cultural á Casa do Patrón, tacábanos unha saída relixiosa que neste caso, a solicitude de varios compañeiros,recaeu no Santuario do Corpiño. Data publicación: 05/04/2011

O Entroido festa popular onde queira que as haxa Fin do inverno e o comezo da primavera. Día de argallada, personalidades novas. Data de publicacion: 07/03/2011

O campamento de Nadal organizado polo Concello de Lalín desprazouse ata as instalacións da Residencia Nª Sª das Dores para realizar unha actividade interxeracional entre os rapaces do campamento e os maiores do centro. Data de publicacion: 03/01/2011

Chega o mes de decembro e con el o Nadal por iso unha vez máis por estas datas queremos recordar as nosas familias, que nos apoian neste camiñar. Data de publicación: 22/12/2010

No día de hoxe achegouse ata o noso centro o Presidente de Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán. Data de publicación: 21/12/2010

O noso centro conta coa presenza e colaboración das Irmáns Terciarias Franciscanas do Rebaño de María celebran o aniversario do instituto formado pola Nai Encarnación Carrasco Tenorio. Data de publicación: 24/11/2010

Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño. Data de publicación: 10/11/2010

Tanta arte, tan preto de nós e tan descoñecido algunhas veces por iso nos desprazamos ata o MUSEO Ramón Mª Aller de Lalín. Data de publicación: 20/10/2010

Xa chegaron as Dores, pero non de ósos, se non de festa e algarabía, as nosa festas das Dores, as nosa festas patronais. Data de publicación: 21/09/2010

O campamento medioambiental organizado polo Concello de Lalín e composto por 50 rapaces desprázanse ao noso centro para: Coñecer a nosa horta ecolóxica E para compartir cos nosos maiores as vivenzas de antaño en torno ao cultivo da horta, o regadío, as malas herbas, os vermes... Data de publicación: 05/08/2010

O 26 de xuño foi o día dos avós e a Residencia das Dores recibimos un millar de visitas. Data de publicación: 28/07/2010

O 24 de xuño fomos un grupo de maiores da Residencia o parque de bombeiros de Silleda, e dalgunha maneira intentar pornos na pel destes valentes. Data de publicación: 30/06/10

Pasado o 23 de Xuño, a noite máis longa do ano, toca felicitarnos polo éxito e polo bo facer de todos os membros desta gran familia. Data de publicación: 25/06/10

Pasa o tempo e todas as hortalizas e verduras que plantamos medran e medran e comenzan a dar os froitos gracias a este sol e os bos coidados das nosas e nosos maiores. Data de publicación: 17/05/10

Gracias o programa da Deputación de Pontevedra, Ti tamén contas, este ano chegou a residencia un curso de Tai chi, impartido tódolos venres pola tarde.Data de publicación: 05/05/10

Coa mellora do tempo e a chegada da primavera os nosos/as residentes devolvéronlle a vida a nosa horta.Data de publicación: 29/04/10

Hoxe día 27 de Abril visitamos un grupo de residentes o Museo do Títere en Lalín, enchéndonos de ledicia e recordos de nenez en festas e feiras.Data de publicación: 27/04/10

Vidas en femenino, nos mostra anacos das vidas das nosas residentes, relatos de vida de mulleres traballadoras. Desta maneira queremos celebrar e conmemorar esta data tan sinalada dende a nosa Residencia, pola tarde reuniremos as residentes e os residentes nó salón de actos para mostrarlles esta publicación nun pequeno acto conmemorativo.Data de publicación:08/03/10.

Caixa Galicia forma a 1.100 profesionais de 107 ONG, entre elas a Residencia Nosa Señora das Dores de Lalín, para mellorar a súa calidade de servicio. Data de publicación: 25/02/2010.

Algúns maiores e traballadores da Residencia Nosa Señora das Dores de Lalín saliron ao Fórum Dezae do Centro Comercial Pontiñas de Lalín. Data de publicación: 25/02/2010

Celebración dos Carnavales e entrega de Diplomas na Residencia Nosa Señora das Dores. Data de publicación: 25/02/2010

A Residencia Nosa Señora das Dores de Lalín celebramos o mércores 16 de decembro a Festa da Familia. Data de publicación: 18/12/2009

O 24 de novembro celebrouse na Residencia Nosa Señora das Dores unha Eucaristía como motivo do Instituto das Relixiosas Terciarias do Rebaño de María pla Fundadora Nai María Encarnación Carrasco Tenorio no año 1878 e o paso á Casa do Señor o 24 de novembro de 1917. Data de publicació:27-11-2009

Os músicos da Banda de Muimenta visitaron, o 21 de setembro, aos nosos maiores, sumándose desta maneira á festividade patronal da Virxe das Dores. Data de publicación: 13/11/2009

Mes de novembro. Chega o frío e caen as castañas polo que os magostos proliferan por doquier. Data de publicació: 13/11/2009.

A Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e a súa Comarca esta a desenvolver un Programa de apoio sociosanitario integral para persoas maiores e/ou dependentes do Concello de Lalín coa axuda da Consellería de Traballo e Benestar. Data publicación: 10/10/2009

A Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e Comarca a través da Residencia Nosa Sra Das Dores desenvolven dende o mes de setembro un Programa de Novas Tecnoloxías. Este programa está impartido polo persoal de Prosem e cofinanciado polo Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional (FEDER), o Plan Avanza, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Data de publicación: 13/11/2009

En colaboración do Campamento urbano do Concello de Lalín 2009, se realizo unha actividade interxeracional no noso centro cos los obxectivos fundamentais de proporcionar compañía aos maiores, crear oportunidades de aprendizaxe a todas as idades, xerar autoestima e sentido de utilidade entre os participantes á súa vez que logramos vencer prexuízos e estereotipos sobre os grupos de idade. Data de publicación: 14/08/2009

O día 17 de Xullo de 2009, durante a súa primeira visita institucional ao Concello de Lalín, visito o noso centro a Conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, acompañada do alcalde, José Crespo. Data de publicación: 07/08/2009

O noso centro mantén aberto durante o mes de Xuño o prazo de inscrición nun programa de avaliación e adestramento da memoria que se destinará a persoas maiores de 60 anos; dita actividade está financiada poa Obra Social Bancaja. Data de publicación: 10/06/2009.

A través do programa levado a cabo pola Residencia Nosa Señora Das Dores en colaboración coa Obra Social La Caixa denominado “Promoción e prevención primaria da saúde dos nosos maiores”, celebrouse o día 20 de Maio, unha xornada informativa sobre a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico para gozar de boa saúde, e máis aínda na terceira idade. Data de publicación: 21/05/2009.

O día 14 de Marzo de 2009 firmouse nas dependencias do noso centro un convenio de colaboración entre a Asociación para a protección de anciáns de Lalín e Comarca, titular da Residencia Nosa Sra. das Dores e a entidade Caja Madrid a través da súa Área de Obra Social. Data de publicación: 18/05/2009.

O martes 14 de abril inaugurouse na Residencia Nosa Señora das Dores de Lalín un curso de RISOTERAPIA para persoas maiores. O curso, financiado pola Deputación de Pontevedra, está enmarcado dentro do seu Programa "TI TAMÉN CONTAS". Data de publicación: 15/05/2009.

O día 5 de xaneiro ás 16:30, os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar, fixeron a súa primeira parada na Residencia Nosa Señora das Dores de Lalín tras unha longa viaxe dende a súa terra natal, Oriente. Data de publicación: 17/01/2009

Da o que tes para que merezas recibir o que che falta. (San Agustín) Unha vez máis a Residencia Nosa Señora Das Dores abreu as súas portas a todos aqueles que desinteresadamente desexan colaborar, animar e participar nas actividades cos nosos residentes. Data de publicación: 05/12/2008.

O dia 27 de Novembro de 2008 ás 17:30 na Residencia Nosa Señora das Dores representarase un Belén Vivinte ca participación dos anciáns da residencia e nenos da comarca. Ademáis desta actividade realizaranse outras durante os meses de decembro e xaneiro. Data de publicación: 28/11/2008.

Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca a través da Residencia Nosa Sra Das Dores desenvolve dende o día 23 de outubro, un programa de asesoramento e apoio aos coidadores de persoas dependentes, subvencionado pola Entidade Bancaja. Este programa desenvólvese dentro do Servizo de información, orientación e apoio ao coidador do cal son responsables as traballadoras sociais da Residencia Nosa Señora das Dores. Data de publicación: 05/11/2008.

A Residencia Nosa Sra Dás Dores desenvolve dende o día 10 de setembro ao 23 de Decembro do 2008, un programa de Adestramento da Memoria para maiores de 65 anos de toda a comarca, subvencionado pola Fundació Agrupaciómútua. Este programa está impartido por Maite Rodríguez Rivas, Xerontóloga Social da Residencia. Data de publicacion: 20/10/2008

O día 16 de Setembro tivo lugar o acto de sinatura de convenios entre Socialia Calidade de Obra Social de Caixa Galicia e 36 ONG participantes nos distintos programas que imparte Socialia. Data de publicación: 15/10/2008
 

Todos os dereitos reservados 2008©
Residencia Nosa Señora das Dores
Rúa D, 17 36500 Lalín (Pontevedra)
Tlf: 986 78 18 97 - Fax 986 78 70 43